Gran Festa Chanante: Os melhores hits dos 2000 o xoves 19 no 14!
Se o século XX marchou entre as cinzas dos JASP e a Xeración X, o XXI nasceu entre cambios tecnolóxicos, novos revivals inesperados e unha maior indefinición. A falta de agrupala xeracionalmente, pensamos que o concepto de “chanante” podería ser o máis adecuado para nomear a unha forma de entender a vida e a cultura pop, coa autenticidade como un valor claramente caduco e a ironía posmoderna no seu punto máis álxido (e intelixente tamén, qué diaños).
O 19 de agosto, entre as 23.30h e as 4.30h, no 14! Club (San Vicente de Paúl 14, A Coruña), Kosmonauta DJ e DJ Tingugi porán algunhas das cancións que, para eles, marcaron a década sen nome, os 00’s co seu engano de que todo voltaba a empezar, cancións lembradas entre playlists do Ipod, as descargas do Soulseek ou o Spotify. De The Strokes a Beyoncé, de Eminem a M.I.A., de LCD Soundsystem a Amy Winehouse, de Las Ketchup a Franz Ferdinand, de Vitalic a Triángulo de Amor Bizarro…, megas e xigas emocionais que xa non soan tan frescos como nostálxicos pero que algún día puideron ser iconas no salvapantaias de Enjuto Mojamuto. Dez anos de música, finalmente, para festexar nunha fervente noite de verán. E sen máis teorías culturetas que a de deixarse levar.
Canción del día: "Ready To Start" (Arcade Fire)
Frase del día: "Cualquiera que pegue a una chica merece que le partan la cara" (Ethan Kath, de Crystal Castles)
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home